Novo galardón para un viño do D. O. Monterrei

O viño Castro de Lobarzán Tinto 2008 pertencente á adega co mesmo nome e amparada por Denominación de Orixe Monterrei  foi galardoado co premio ''Arribe de Prata'' na categoría de tintos novos dentro dos premios ''Arribe 2009'' celebrados en Trabanca (Salamanca) e enmarcados no ''Salón Internacional do Viño e a súa Cultura en Arribes do Douro'' sendo o único Viño Tinto Mozo Galego que obtén un premio neste Salón.

Para Antonio A. Méndez, Presidente do Consello Regulador do D.O. Monterrei, este premio supón un novo recoñecemento para os viños amparados por esta denominación recordando que a adega Castro de Lobarzán foi tamén recoñecida na ''XX CATA DúAS VIÑOS DE GALICIA'' co premio ao mellor tinto de Galicia de adegas de ''Colleiteiro'' (menores de 60.000 litros) obtendo tamén o segundo posto no viño branco da mesma categoría.