As 'outras' pintadas na tumba de Franco: as redes énchense de memes sobre a acción de Tenreiro

A pintura de Enrique Tenreiro na tumba de Franco. PEDRO ARMESTRE

O artista galego pintou unha pomba e a mensaxe "pola liberdade" na lápida

A performance do artista galego Enrique Tenreiro sobre a tumba de Franco —pintou unha pomba da paz e a mensaxe "pola liberdade"— desatou o enxeño de decenas de tuiteiros, que rapidamente crearon memes con diferentes epitafios sobre a lápida do ditador, situada no Val dos Caídos.