Premio Cincho de Plata para o queixo de teto Larsa

O queixo Tetilla Larsa acaba de ser distinguido co Premio Cincho de Plata, dentro da categoría de queixos de vaca de pasta branda. Novo galardón para este queixo galego, outorgado o pasado 4 de decembro, na sétima edición nacional e primeira internacional dos Premios Cincho de Castela e León. Un certame que se converteu no referente español dos concursos queseros.

Os Premios Cincho son organizados pola Consellería de Agricultura e Gandería da Xunta de Castela e León co obxectivo de recoñecer aos mellores queixos de España. Durante os días 3, 4 e 5 de novembro, 50 catadores procedentes de diferentes rexións de España, así como de Bélxica, Francia, Portugal, Inglaterra, Irlanda, EE.UU., Arxentina e Nova Zelandia, realizaron as catas das 644 mostras presentadas ao concurso.

Con este premio, o queixo de tetilla Larsa suma un recoñecemento máis aos xa obtidos ata o momento, entre os que cabe destacar a medalla de ouro nos World Cheese Awards 2008; a medalla de prata nos World Cheese Awards 2007 e o Cincho de Prata 2006.