Quinta do Buble e Joaquín Rebolledo Barrica 2006, mellores viños de Galicia

'Foto de familia' de los premiados en la XX Cata dos Viños de Galicia

Os viños branco Quinta do Buble, da Denominación de Orixe Monterrei, e Joaquín Rebolledo Barrica 2006, do D.O. Valdeorras, foron considerados os mellores viños de Galicia polo panel de expertos que durante 3 días analizaron máis de 200 mostras das cinco denominacións galegas, na XX edición da Cata dos Viños de Galicia. Como mellor augardente foi cualificado o de Pazo de Señoráns, que obtivo o Pote de Ouro da X Cata das Augardentes de Galicia.

Os premios déronse a coñecer na localidade lucense de Pantón, nun acto presidido polo conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e ao que asistiron máis de 250 adegueiros e representantes do sector vitivinícola galego.

No acto, Suárez Canal, mostrou o compromiso da Consellería cun sector que, segundo afirmou, demostra continuamente a súa fortaleza ao ser capaz de competir en escenarios internacionais a pesar de condicións externas desfavorables, como foi a última OCM do Viño.

Para o conselleiro, o sector representa un enorme potencial non só pola súa calidade, senón polo que supón de tradición e herdanza cultural, que garante a posta en valor e recoñecemento internacional de grandes áreas territoriais da Comunidade Autónoma.

223 marcas comerciais

Nesta XX Cata dúas Viños de Galicia, celebrada en Monforte de Lemos entre os días 24 e 26 de xuño, participaron un total de 223 marcas comerciais, pertencentes a 156 adegas inscritas nos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei.

Os viños competiron para conseguir os Acios de Ouro, Prata e Bronce por denominacións, así como os premios de Mellor Viño Branco e Mellor Viño Tinto da Comunidade. Na X Cata das Augardentes de Galicia, pola súa banda, competiron 26 marcas diferentes.

Os viños e augardentes premiados identificaránse este ano por primeira vez cunha etiqueta común, deseñada e proporcionada ás adegas pola Consellería do Medio Rural como un sistema que facilite ante o consumidor a identificación dos lotes recoñecidos nas catas con premios.

PANEL DE PREMIOS DA XX CATA DOS VIÑOS DE GALICIA 2008

MELLOR VIÑO DE GALICIA

BRANCO: QUINTA DO BUBLE- ADEGAS QUINTA DO BUBLE, S.L. (D.O. MONTERREI)

TINTO: JOAQUIN REBOLLEDO BARRICA 2006 - ADEGAS JOAQUÍN REBOLLEDO (D.O. VALDEORRAS)

D.O. RIBEIRO
1º POSTO E ACIO DE OURO CASAL DE ARMÁN - CASAL DE ARMÁN, S.L.

D.O. VALDEORRAS
1º POSTO E ACIO DE OURO EREBO- ADEGAS CARBALLAL, S.L.

D.O. RÍAS BAIXAS
1º POSTO E ACIO DE OURO LEIRA DE ARENTEI - ADEGAS LA VAL, S.L..

D.O. RIBEIRA SACRA
1º POSTO E ACIO DE OURO ALGUEIRA - ADEGA ALGUEIRA, S.L.

D.O. MONTERREI

1º POSTO E ACIO DE OURO PAZO DE MONTERREI- ADEGAS DEL NUEVO MILENIO, S.L.

COLLEITEIRO BRANCO
1º POSTO E ACIO DE OURO VIÑA AXENTEA- MANUEL GUERRA JUSTO

COLLEITEIRO TINTO
1º POSTO E ACIO DE OURO CASTRO DE LOBARZAN-  ADEGA CASTRO DE LOBARZAN, S.L.

X CATA DAS AUGARDENTES DE GALICIA 2008
1º POTE DE OURO PAZO SEÑORANS - ADEGAS PAZO SEÑORANS, S.L.
2º POTE DE PRATA LA VAL - ADEGAS LA VAL, S.L.
3º POTE DE BRONCE QUENZA - ADEGA SIDRERIA GALLEGA, S.L