Retencións no acceso á Coruña
28 de enero de 2017 (11:36 h.)
Unha colisión entre tres vehículos dificulta a circulación
Unha colisión entre tres vehículos causaba na tarde deste venres unha retención na entrada da Coruña. Unha persoa particular alertaba do accidente ao CAE 112 Galicia ás 20.00 horas. Segundo o seu relato, o sinistro produciuse en Ponte da Pasaxe dirección A Coruña.
O 112 Galicia informou do sucedido á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.