Só Fernández obedece ao Consello das Mareas e vota non aos OXE

A deputada Alexandra Fernández. AEP

Deste xeito, a situación de En Marea volve ser de tensión entre os diferentes sectores do partido, despois de que a dirección galega cuestionase o papel da confluencia galega dentro do grupo confederal

O Consello das Mareas, órgano máximo de dirección de En Marea entre plenarios, acordou votar de forma negativa ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (OXE) pero unicamente a deputada Alexadra Fernández (Anova) obedeceu este mandato, xa que os outros catro parlamentarios apoiaron continuar coa tramitación das contas.

Segundo a dirección galega, as razóns desta negativa son a falta de compromiso orzamentario nos investimentos coas necesidades económicas, ambientais e sociais de Galicia, e a falta de vontade negociadora para a súa modificación durante a tramitación parlamentaria.

O Consello das Mareas decidiron esta determinación xa que “En Marea constatou unha falta de vontade real de conseguir un acordo por parte do Goberno ao non atender nin unha soa das demandas recollidas na Axenda Galega do Cambio” e ao non ver “un compromiso real” por parte do Executivo.

En base a iso, Fernández apoiou as emendas á totalidade das contas.

Con todo, fontes do grupo confederal explicaron a Efe que o voto dos catro deputados para continuar a tramitación parlamentaria se debe ao compromiso do Goberno de seguir negociando as peticións galegas.

Deste xeito, a situación de En Marea volve ser de tensión entre os diferentes sectores do partido, despois de que a dirección galega cuestionase o papel da confluencia galega dentro do grupo confederal.