A semana comeza en Galicia coa chegada de chuvias

Franxa do tempo durante o luns. METEOGALICIA
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso

Unha fronte afectará a Galicia durante este día, deixando un aumento progresivo de nubes que irán tapando o ceo de oeste a leste co avance da xornada.

As chuvias comezarán a primeiras horas polo litoral da provincia da Coruña e a partir do mediodía serán probables en calquera punto da Comunidade. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso.

Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico.