A semana comeza con menos choiva en Galicia
10 de noviembre de 2019 (22:41 h.)
O luns chega unha fronte cálida a Galicia durante a mañá, que deixará os ceos cubertos con orballos nas primeiras horas. á tarde iranse abrindo claros e quedarán algúns chuvascos illados e ocasionais no terzo norte.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.
O vento soprará de compoñente norte, máis intenso no litoral norte.
Estas son as temperaturas previstas nas cidades galegas:
A Coruña 13°/16°; Ferrol 10°/15°; Lugo 5°/13°; Ourense 9°/15°; Pontevedra 11°/16°; Santiago de Compostela 9°/13°; Vigo 11°/16°.