Soben as temperaturas nun venres chuvioso en Galicia
05 de noviembre de 2020 (22:13 h.)
A influencia da borrasca situada ao oeste de Portugal, que achega aire frío nas capas altas da atmosfera e dá lugar a inestabilidade, seguirá afectando á comunidade galega na xornada do venres.
As temperaturas experimentarán un ascenso, máis acusado nas mínimas, e os ventos soprarán do este-sueste, moderados no litoral norte e máis frouxos no resto.
Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades
A Coruña 15º 22º, Ferrol 15º 22º, Lugo 11º 20º, Ourense 13º 22º, Pontevedra 15º 22º, Santiago 13º 19º e Vigo 16º 22º.