Sol e calor para un xoves moi estival
30 de mayo de 2019 (01:46 h.)
O xoves Galicia queda na influencia das altas presións, con aire cálido en superficie. Así, espérase unha xornada de sol e calor en toda a Comunidade, con ascenso das temperaturas tanto máximas como mínimas.
O vento soprará frouxo de compoñente norte, con algún intervalo moderado no litoral norte.
Estas son as temperaturas mínimas e máximas previstas para este xoves:
A Coruña 13°/27°; Ferrol 13°/30°; Lugo 10°/30°; Ourense 15°/35°; Pontevedra 15°/30°; Santiago de Compostela 14°/31°; Vigo 18°/31°