Temperaturas en ascenso para unha xornada entre nubes e claros

Mapas coa predición para a xornada. METEOGALICIA

Galicia vivirá este martes baixo un ceo no que se alternarán os claros e as nubes, que non se prevé que descarguen choiva. As proxeccións de Meteogalicia deixan as precipitacións, de feito, para o xoves.

A comunidade si comezará a notar este martes a entrada de aire cálido polo sur co avance do día, no que as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.

Así, as máximas moveranse entre os 20 graos da Coruña e os 28 de Ourense, con Lugo nos 21 e Pontevedra nos 23. As mínimas, entre tanto, estarán entre os 6 de Lugo e os 11 de Pontevedra e 12 de Vigo.