Temperaturas sen cambios nunha xornada con algunhas nubes en Galicia

Mapas de previsión para este mércores. METEOGALICIA

Galicia afronta este mércores unha xornada para a que as previsións meteorolóxicas anuncian poucos cambios, tanto no ceo como nos termómetros. Así as cousas, atendendo ás estimacións de Meteogalicia, as máximas moveranse entre os 21 graos da Coruña e Ferrol e os 30 de Ourense. As mínimas estarán entre os 15 e os 18 graos.

No conxunto da comunidade manterase a influencia anticiclónica débil e os ventos de compoñente norte seguirán predominando. Desta forma, a primeiras horas espéranse nubes baixas e néboas, máis compactas canto máis ao norte, onde incluso poden deixar algunhas gotas.

As nubes tenderán a desaparecer co avance da xornada para deixar unha tarde de ceo pouco nubrado ou despexado. Iso si, quedarán máis nubes cando máis ao norte.