O tempo empeorará co avance da xornada

Durante a xornada deste mércores, os ceos estarán máis despexados canto máis ao sur de Galicia e máis nubrados no extremo norte, onde incluso hai posibilidade de choivas débiles. Xa pola tarde incrementaranse as nubes de evolución en zonas do interior, que darán lugar a chuvascos localmente tormentosos. 

Segundo as predicións de Meteogalicia, durante este mércores Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con aire frío en capas altas da atmosfera. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no litoral e no terzo norte e frouxos no resto.