O temporal de vento mantén Galicia en alerta amarela
21 de enero de 2020 (03:38 h.)
O temporal de vento seguirá azoutando con forza e, de feito, está activa unha alerta de nivel amarelo ante a previsión de refachos de 80 quilómetros por hora en toda Galicia, que se eleva a laranxa no litoral da Coruña.
Este martes rexistrouse un refacho tempestuoso de 121 quilómetros por hora en Estaca de Bares e superáronse os 100 km/h en Cedeira, Lousame, Malpica ou Cuntis.
En canto ás temperaturas nas grandes urbes, os valores máis baixos rexistraranse en Ourense (1 grao) e Lugo (2 graos), mentres que en Pontevedra ou Vigo os termómetros non baixarán de 6º. En canto ás máximas, o mercurio chegará a 16 graos na cidade olívica, fronte aos 15º da Boa Vila, os 12º da Coruña e Compostela ou os 10 da capital lucense.