Unha augardente galego, medalla de prata no XVI concurso mundial de Bruxelas

A augardente de bagazo de ''Vedra do Ulla'' da empresa compostelá ''Augardentes de Galicia'', amparada polo  Consello Regulador das Denominacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, obtivo unha medalla de prata no XVI Concurso Mundial de Bruxelas, que celebrou esta edición en Valencia do 25 ao 28 de abril.

Esta augardente galego foi a única bebida galega premiada, e unha das dúas bebidas espirituosas españolas que obtiveron unha medalla neste prestixioso concurso internacional. De feito non é a primeira vez que ''Vedra do Ulla'' conseguiu unha distinción neste concurso, xa que o ano pasado obtivo unha medalla de ouro neste certame, no que 250 expertos catadores, procedentes de 41 países, participaron como xurado nesta última edición que tivo lugar en Valencia.

Este certame de viños e bebidas espirituosas contou coa participación de 6.289 mostras, procedentes dun total de 54 países de todo o mundo (con concursantes de destinos tan remotos e exóticos como Taiwan, India, Líbano, Moldavia, Sudáfrica ou China).

Evaristo Rodríguez, presidente do Consello Regulador, destaca a importancia deste premio internacional para unha augardente amparado polo Consello, pois ''isto é un recoñecemento á calidade das augardentes amparados por este Consello Regulador que, ano tras ano, reciben algún premio internacional que recoñece a orixe e  destes destilados''.