Un galardón de 'Mozo Empresario' para o propietario da queixaría lucense Casa Macán

Eladio Rigueiras Sobrado, que rexenta a queixaría Casa Macán no municipio lucense de Taboada, foi galardoado como Mozo Empresario na XXI Edición dos premios Alimentos de España, convocados polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, co fin de recoñecer o traballo realizado por profesionais da cadea agroalimentaria.

Eladio Riguera recollerá o vindeiro xoves o premio que o distingue como Mozo Empresario de España, unha distinción que comparte co xerente de Industria Gastronómica Cascajales, de Dueñas, en Palencia, e que lle foi concedido hai case un ano.

A edición 2008 dos premios Alimentos de España divídese en nove categorías reconocedoras dos diferentes procesos que compoñen a cadea do sector agroalimentario de España. Así, ademais da distinción ao Mozo empresario, os premios recoñecen o labor dentro da Produción Agraria, a Industria Alimentaria, a Distribución e Comercio Alimentario,a Restauración, a Produción Ecolóxica, o sector do consumidor e o da Comunicación, así como á Muller Emprendedora do ano.