Unha colisión entre tres vehículos en Outes deixa un ferido
20 de agosto de 2017 (20:57 h.)
Unha persoa resultou ferida nunha colisión con tres vehículos implicados no municipio coruñés de Outes, segundo informa o 112.
O suceso produciuse ás 18.00 horas deste sábado na estrada AC-550, á altura da ponte de Catasueiros.
Entre os implicados houbo unha persoa ferida que foi trasladada de inmediato ao centro de saúde de Outes por Urxencias Sanitarias.