Versatilidade

O rodaballo é protagonista na maioría das cociñas polas súas propiedades nutritivas. En caldeirada, á prancha, guisado ou simplemente fritido, a súa carne e a textura da súa pel puxeron esta especie na liña das máis valoradas.

Ingredientes

  • Unha peza de medio quilo de rodaballo Pescanova.
  • 4 dl. de cava.
  • 100 gr. de manteiga.
  • Dúas chalotas.
  • Zume de limón.
  • Fariña de millo.
  • Ceboliño.
  • Sal.

Elaboración
Limpar o rodaballo de Pescanova, trocear en lombos e salpimentar. A continuación, picar as chalotas moi finas e pór a refogar nunha cazola con manteiga e aceite. Engadir un pouco de zume de limón e cociñar. Incorporar unha cullerada de fariña de millo para ligar.

Agregar o cava e reducir uns oito minutos. Engadir os anacos de rodaballo á salsa e cociñar un par de minutos por cada lado. Para rematar, servir, salsear e agregar ceboliño picado.