Temperaturas altas para esta época do ano
22 de febrero de 2019 (02:09 h.)
Este venres, un corredor de isobaras formado entre as altas presións ao leste e as baixas presións do norte de Azores intensifícanse e achegaranse ventos cálidos do sur. Con iso, espérase unha xornada de tempo seco e de ceo con nubes de tipo alto.
Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do sueste moderado, con intervalos fortes na Costa da Morte.
Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, con valores altos para a época do ano. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 20 graos en Ourense, Ferrol, Pontevedra e Vigo, mentres que os valores mínimos descenderán ata os catro graos en Lugo.