A xornalista Graciela Álvarez, ex de Cepeda, nova parella de Lucas Pérez
05 de febrero de 2020 (20:31 h.)
A presentadora de Real Madrid TV publicou unha foto co futbolista que confirmaría a súa relación
Graciela Álvarez (Oviedo, 1991) situouse no foco da prensa rosa en 2017 pola súa relación co exconcursante de Operación Triunfo Luís Cepeda, que se terminou polo idilio que xurdiu entre o ourensán e Aitana Ocaña durante a súa estancia na Academia. Á xornalista non lle sentou nada ben e borrou das súas redes sociais todas as imaxes que compartía co artista galego.
Agora parece que o amor volveu á súa vida da man do futbolista do Alavés.