O xoves pola mañá espéranse choivas puntualmente intensas en Galicia
12 de mayo de 2021 (21:32 h.)
As máximas experimentarán un lixeiro ascenso
O xoves chegará a Galicia unha fronte activa que deixará unha mañá de ceos cubertos con choivas puntualmente intensas e unha tarde de chuvascos ocasionais con apertura de claros.
As temperaturas mínimas seguirán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.
O vento soprará de moderado do suroeste e virará a frouxo do noroeste a partir do mediodía tras o paso da fronte.
Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 11°/16°; Ferrol 11°/17°; Lugo 9°/17°; Ourense 11°/20° Pontevedra 11°/18° Santiago 10°/17°; Vigo 12°/18°.