XVII da Festa da Orella en Fene
17 de agosto de 2011 (20:52 h.)
A XVII edición da Festa da Orella terá lugar o 19 de agosto en Fene. Os asistentes poderán degustar deste produto típico galego a partir das 21.30 horas e, a ración, estará acompañada de chourizo, pataca, pan e viño. O prezo da ración será de 10 euros.
Coa chegada da medianoite os que asistan a este evento gastrónomico poderán gozar dunha gran queimada, por tan só 1 euro.
Para amenizar a festividade estará o Dúo Latino.