viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

A Catedral de Santiago acollerá unha nova misa do Peregrino

Misa del peregrino. GALICIAE
Misa do peregrino. GALICIAE
Desde o vindeiro luns ás 7:30 horas

A Catedral de Santiago de Compostela acollerá unha nova misa do Peregrino ás 7.30 horas da mañá, segundo acordou o Cabildo. A nova misa celebrarase a partir do próximo 9 de agosto. 

Deste xeito, cada día celebrarase a misa do Peregrino ás 7.30, as 9.30, as 12.00 e as 19.30 horas. Ademais, celébrase misa diaria na capela da Corticela ás 11.00 horas da mañá, mentres que o Centro de Acollida ao Peregrino, na Rúa Carretas, mantén as súas misas diarias en inglés –ás 10.30 horas– e en francés –ás 9.00 horas–. 

Fontes da Catedral compostelá han informado tamén de que, coa implantación da nova misa, o horario de apertura do templo será de 7.00 a 21.00 horas todos os días. 

A Catedral de Santiago acollerá unha nova misa do Peregrino
comentarios