Asia Argento é despedida de 'Factor X' Italia tras as acusacións de abuso

Asia Argento. SEBASTIEN NAGIER (EFE)

Os responsables do programa publicaran hai días un comunicado no que aseguraban que "se se confirma o publicado por The New York Times, esta situación sería totalmente incompatible cos principios éticos e os valores" da cadea Sky.

A actriz e directora italiana Asia Argento, acusada polo músico de rock e actor Jimmy Bennett de presunto abuso sexual cando este era menor, foi despedida como xurado do concurso musical Factor X en Italia, informaron este luns os medios italianos.

Os responsables do programa publicaran hai días un comunicado no que aseguraban que "se se confirma o publicado por The New York Times, esta situación sería totalmente incompatible cos principios éticos e os valores" da cadea Sky.

Agora, o programa prescindirá de Argento, unha das pioneiras do movemento #MeToo, para a súa próxima edición que comeza o 6 de decembro.

A decisión prodúcese despois de que Argento se vise envolvida nun escándalo por presunto abuso sexual cometido contra Bennett, cando ela tiña 37 anos e el 17.

A noticia transcendeu grazas a unha información do xornal The New York Times, que asegurou que Argento chegou a un arranxo extraxudicial con Bennet, co que acordou pagar 380.000 dólares para frear as acusacións na súa contra.

A actriz negou "categoricamente" estas acusacións e asegurou que está "profundamente conmocionada e ferida" polas noticias "absolutamente falsas" que circularon sobre ela.

O encontro entre ambos se coñeceron nunha película na que ela fixo da súa nai—, ocorrería en 2013 no hotel Marina del Rey en California (EE UU), onde a idade de consentimento legal para relacións sexuais é de 18 anos.