David Bisbal e Rosanna Zanetti serán pais o ano que vén

David Bisbal e Rosanna Zanetti. INSTAGRAM

A parella casaba o pasado mes de xullo nunha voda sorpresa

"Cando criamos que xa non podiamos ser máis felices, chega a sorpresa máis bonita que podiamos recibir. A familia crece", así anunciaba o cantante David Bisbal, a través da súa conta de Instagram, a súa próxima paternidade xunto á actriz e modelo Rosanna Zanetti. 

Unha mensaxe moi similiar ao que a venezolana tamén compartía nas súas redes sociais xunto a unha ecografía do bebé.

Bisbal e Zantti comezaron a saír en 2016 e un ano máis tarde fixéronse parella de feito. O pasado mes de xullo casaban nunha voda sorpresa e en 2019 nacerá o seu primeiro fillo, o segundo para Bisbal, que ten unha nena con Elena Tablada, Ella.