Galiciaé e Aprendum convídante a formarte como coach deportivo

Se che gusta a psicoloxía e es un amante do deporte, este curso online por 169 euros é perfecto para ti

Se che gusta a psicoloxía e es un amante do deporte, temos a combinación perfecta para ti. Galiciaé ofrece agora en exclusiva aos seus lectores a posibilidade de cursar o Máster en Psicoloxía e Coaching Deportivo ao prezo promocional de 169€.

Demostrar personalidade, motivación e fortaleza son aspectos que se atopan dentro dun bo coach, e saber como transmitilo en calquera ámbito, tanto a nivel persoal como profesional, é algo fundamental. Por iso, o seu papel adquiriu gran importancia hoxe en día en todos os sectores, incluído o deporte, e en numerosas entidades deportivas a figura do coach é imprescindible na superación e consecución de calquera obxectivo.

A través deste Máster, adquirirás todos os coñecementos relativos ás ferramentas do coaching, funcións do deporte, planificacións  e  técnicas de adestramento e funcións do psicólogo no deporte. Poderás aplicar estas técnicas tanto a persoas de pouca idade que se estean iniciando no mundo deportivo, como a profesionais experimentados.

Ademais, ao tratarse dun Máster online, tes a comodidade de xestionar o teu propio tempo de estudo. O Máster conta con 450 horas de duración e 6 meses de acceso á plataforma, e un titor persoal para o seguimento individual e personalizado.

Agora é o teu momento para desenvolver as calidades de liderado e competitividade no mundo do deporte que sempre desexaches. Todo esforzo ben motivado sempre ofrece grandes resultados, e agora podes demostralo grazas ás oportunidades únicas que Galiciaé ofrece aos seus lectores.
Non deixes escapar a oportunidade de chegar a ser un auténtico coach e psicólogo deportivo.