Unha octoxenaria británica quéixase da presenza de españois nun hotel... de Benidorm

Unha imaxe de Benidorm cheo de turistas. EFE

"Un español case me tira e foise sen desculparse", denuncia a un xornal inglés

"O hotel estaba infestado de españois de vacacións que nos puñan dos nervios porque eran demasiado brutáns". Estas son as palabras da asistenta de Freda Jackson ao Lancashire Telegraph. 

A acompañante desta octoxenaria británica queixábase así da presenza de españois durante as súas vacacións nun hotel... de Benidorm.

"Unha noite, un mozo español case me tira voando e foise sen sequera desculparse", comenta a octoxenaria, que engade, indignada: "O entretemento no hotel estaba enfocado e centrado para os nativos. Por que os españois non poden ir a outro lugar para as súas vacacións?".