'En el punto de mira' sitúa as Cíes na Coruña e a Ribeira Sacra na costa
O especial de Cuatro sobre Galicia recibe críticas polos seus erros xeográficos e por incorrer en demasiados tópicos
O especial que o programa En el punto de mira, de Cuatro, dedicou este luns a Galicia non deixou a ninguén indiferente. Centrado, sobre o papel, na costa galega, abordou asuntos como a paixón polas orquestras, o encarecemento do polbo ou o narcotráfico.
Con todo, o enfoque que se lle deu a algúns destes asuntos, incorrendo en non poucos tópicos sobre a cultura galega, e algúns erros ao situar xeograficamente espazos como as illas Cíes –un rótulo indicaba que pertencía á provincia da Coruña– ou a Ribeira Sacra –situada na desembocadura do Miño– custáronlle moitas críticas nas redes sociais, onde o programa se converteu nun dos temas máis comentados deste martes.
A continuación deixamos algúns dos tuits máis destacados: