A raíña Sofía finaliza a súa axenda en Galicia cun concerto medieval en Santiago

A raíña Sofía na súa visita a Santiago de Compostela.LAVANDEIRA JR. (Efe)

Asistiu ao evento celebrado no Hostal dos Reis Católicos como conmemoración do Día Internacional do Alzheimer

A raíña Sofía concluíu este xoves a súa axenda en Galicia coa presidencia dun concerto celebrado en Compostela con motivo da conmemoración do Día Internacional do Alzheimer, sendo o mesmo de música medieval a cargo de Martin Codax.

No Parador Hostal dos Reis Católicos, a Raíña asistiu ao concerto –enmarcado na celebración do Congreso Internacional de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodegenerativas– acompañada por membros do comité organizador, polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e o delegado do Goberno, Javier Losada, entre outros.

Tras o concerto, a Raíña tamén presidiu a recepción ofrecida ás autoridades e investigadores reunidos na capital galega con motivo do simposio internacional, tamén no Parador de Santiago de Compostela.

Coa súa presenza na capital galega durante estes días, Dona Sofía ratificou o seu apoio á investigación sobre enfermidades neurodegenerativas –Parkinson, Alzheimer e Huntington, principalmente–, cunha presenza activa en todas as actividades desenvolvidas no marco do Congreso que reuniu a dous centenares de profesionais.