Unha menor de Ourense leva en paradoiro descoñecido máis dunha semana
04 de agosto de 2018 (21:34 h.)
Non hai noticias de Elisabeth B. V., alias Mark, desde o 27 de xullo
Elisabeth B. V., de 16 anos, alias Mark, leva xa unha semana en paradoiro descoñecido. Ten o pelo rapado por abaixo, ollos marróns, un piercing no nariz e 1.70 de estatura.
As autoridades investigan a desaparición mentres a asociación SOS Desaparecidos publicou unha alerta nas redes sociais para solicitar datos sobre o seu paradoiro. O colectivo facilita dous números de teléfono para achegar información: 642 650 775 e 649 952 957.