Analizan se os restos óseos achados nunha leira de Ares son humanos
12 de octubre de 2015 (21:11 h.)
Os ósos foron descubertos o domingo por unha cuadrilla de traballadores que rozaba un terreo no municipio coruñés
Un médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) analiza se os restos óseos achados por unha cuadrilla de traballadores que estaba a rozar unha leira en Ares (A Coruña) o pasado domingo son humanos.
Diso informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, o corpo que está a cargo da investigación que dirixe o xulgado de instrución número 1 de Ferrol.
En concreto, segundo as mesmas fontes, os feitos puxéronse en coñecemento do Instituto Armado sobre as 11.00 horas do domingo.