Aparatoso incendio dun veleiro na ría de Vigo
27 de marzo de 2018 (20:34 h.)
O propietario da embarcación foi rescatado tras lanzarse ao mar nunha táboa con remo
O aparatoso incendio dun veleiro na ría de Vigo disparou este martes as alarmas e obrigou a mobilizarse a efectivos dos equipos de rescate, tanto de Salvamento Marítimo como da Garda Civil. O propietario da embarcación e único tripulante a bordo no momento do suceso tivo que lanzarse á auga para porse a salvo, utilizando na súa fuxida unha táboa con remo. Foi recollido por bateeiros en bo estado.
Salvamento Marítimo enviou unha embarcación á zona, a Salvamar Mirach, que se encargou dos labores de extinción e de remolcar o veleiro ao porto de Cangas. Alí quedou depositada a embarcación sinistrada.