Arde un coche en Bande e afecta a un edificio
29 de enero de 2017 (11:47 h.)
O mal funcionamento do vehículo orixinou o lume ► Non había ningunha persoa no seu interior
Un coche ardeu na madrugada deste domingo en Bande. O lume calcinou por completo ao vehículo e afectou á fachada dun edificio. Os feitos tiveron lugar na rúa Lamas Calvelo. Unha persoa particular alertaba ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ás 04.00 horas.
Enseguida, os efectivos de Protección Civil e o GES de Muiños trasladáronse ata o lugar para controlar o lume, que quedou extinguido. Ademais, confirmaron que non había ningunha persoa no interior do vehículo.
O mal funcionamento do coche provocou o lume, que comezou nos baixos do turismo. O CAE 112 Galicia pasou o aviso, tamén, á Garda Civil.