Arden dúas casas deshabitadas en Esgos
14 de diciembre de 2016 (13:06 h.)
Un particular avisou aos servizos de urxencias ás catro da madrugada
Os Bombeiros de San Cibrao e os membros do GES de Pereiro de Aguiar desprazáronse a sufocar un lume que xa arrasou dúas vivendas deshabitadas en Esgos (Ourense), informou o 112.
O lume está controlado pero quedan aínda rescoldos. De feito, un equipo da Central de Incendios Forestais da zona está a levar máis auga aos efectivos de extinción.
Ás catro da madrugada, unha persoa particular alertou ao 112 Galicia dun lume nun tellado. Desde entón, os servizos de urxencias seguen traballando no punto.