Derrúbase unha casa habitada en Monforte

Zona do derrube, en Monforte.EP

Os moradores do inmoble, unha centenaria e o seu sobriño, non se atopaban no interior cando veu abaixo

Unha casa habitada en Monforte veuse abaixo na Rúa Calvo Sotelo de Monforte ás 15.00 horas, xusto á beira da casa que se derrubou hai dous anos.

No inmoble vivían un home e a súa tía, de 104 anos de idade, que non estaban en casa cando se produciu o derrube, aínda que se estaban o suficientemente cerca como para escoitar o estrondo. Entón chamaron á Policía Local, que se desprazou ata o lugar xunto ao aparellador municipal e, por precaución, mandoulles saír do inmoble. ás poucas horas parte da fachada veu abaixo.

Unha parte do inmoble aínda está en pé, aínda que case non queda rastro da fachada.