Detido por roubar a moto a un repartidor da Coruña
31 de mayo de 2016 (16:45 h.)
Tras alertar o dono do local, a Policía tardou pouco en localizar ao culpable cando estaba a intentar ocultar o ciclomotor
A Policía Local da Coruña detivo un home que presuntamente roubara a moto de repartición dun local de hostalería da Coruña.
Os axentes acudiron o pasado domingo ás 20.30 horas a Fonteculler, pois un traballador dun coñecido local de hostalería asegurou que lle subtraeron a motocicleta cando estaba no seu posto de traballo.
Tras unha primeira batida pola zona, localizaron un individuo que intentaba esconder unha moto nunha ruela sen saída, informa o Concello da Coruña a través dun comunicado.
Comprobaron que a matrícula coincidía coa subtraída e procederon á detención deste home, que pasou a disposición xudicial.