Extinguen un lume que arrasou un alpendre dun serradoiro de Brión

Na nave refuxiábanse cabalos pero ningún viuse afectado o incidente

Efectivos do GES de Brión extinguiron este domingo un lume que se iniciou nunha nave dun serradoiro -sen actividade- no concello de Brión, en Sabaxáns, na parroquia coruñesa de Bastavales.

Tratouse dun alpendre onde se refuxiaban cabalos que, por fortuna, ningún viuse afectado. Foi un particular quen, ao fío das 18:30 horas deste domingo, puxo en alerta ao persoal do CAE 112 Galicia, e, partir de aí, pasouse aviso aos efectivos do GES e aos Bombeiros de Santa Corda. Tamén se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil.

O lume quedou totalmente extinguido pasadas as 19:30 horas e, segundo confirmou o persoal do GES, descoñécense as causas que orixinaron o lume que calcinou o alpendre na súa totalidade e o material dos animais que se almacenaba no mesmo.