Falece un operario en Curtis ao quedar atrapado debaixo dunha carretilla elevadora
O accidente laboral ocurriu no cruzamento de Sesmonde ás 18.00 horas
Un operario faleceu este xoves pola tarde en Curtis mentres traballaba cunha carretilla elevadora. Segundo soubo o 112, o home perdeu a vida ao quedar atrapado debaixo da máquina.
O accidente laboral ocorreu no cruzamento de Sesmonde ás 18.00 horas. Ata o lugar dos feitos acudiu o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que foi mobilizado polo 061-Urxencias Sanitarias.
Foi o persoal sanitario quen alertou do sucedido. Nada máis recibir o aviso, o 112 informou do accidente aos Bombeiros de Betanzos, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Curtis e á Garda Civil.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o corpo do operario atopábase accesible no momento en que os servizos de emerxencias chegaron ao lugar. Os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao traballador.