Resulta ferido tras unha colisión entre dous turismos en Portosín
Dous turismos chocaron frontalmente na AC-550, na travesía de Portosín, e, a parte dos numerosos danos que se produciron a consecuencia do impacto, unha persoa necesitou asistencia sanitaria, informou a central que se ocupa de coordinar a atención ás urxencias en Galicia.
Un poste eléctrico caeu sobre un dos vehículos implicados e nun primeiro momento os veciños alertaron ao 112 de que había persoas atrapadas, así que ata o lugar do suceso desprazáronse os bombeiros de Boiro, que confirmaron que todos os ocupantes dos turismos estaban liberados.
O estrondo sorprendeu a condutores e veciños que, ás oito da tarde deste martes, deron a voz de alarma, e mobilizáronse técnicos de Urxencias Médicas, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil.
Tamén foi avisado o persoal da Axencia Galega de Infraestruturas (Axi), que se ocupou da limpeza dos restos provocados polo choque.