Ferido un operario en Oleiros tras caer desde unha altura de seis metros
08 de abril de 2015 (16:14 h.)
O accidente ocorreu na parroquia de Perillo ao mediodía
Un traballador resultou este mércores ferido tras caer desde unha altura de seis metros na localidade coruñesa de Oleiros, informa Urxencias 112.
O accidente ocorreu na parroquia de Perillo en torno ao mediodía. O 112 avisou de inmediato a Urxencias Médicas e a Protección Civil, que confirmaron que o operario estaba consciente pero ferido, polo que foi inmobilizado.
Así mesmo, alertou á Garda Civil dos feitos.