Ferido un ciclista tras sufrir unha caída ao seu paso polo concello de Noia
16 de abril de 2017 (21:56 h.)
O suceso rexistrouse na parroquia de Argalo sobre a unha do mediodía
Un ciclista resultou ferido logo de sufrir unha caída cando circulaba por unha estrada do termo municipal de Noia, na Coruña, segundo informou o CAE 112 Galicia.
O suceso tivo lugar ao redor das 13.20 horas deste domingo na estrada que une Noia con Boiro, á altura do lugar de Sobreviñas, na parroquia de Argalo.
Os efectivos sanitarios trasladaron ao ciclista a un centro hospitalario. Así mesmo, ata o lugar tamén se desprazaron os Bombeiros de Boiro, o GES de Brión, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.