Os bombeiros de Ferrol atopan morto a un ancián na súa vivenda
27 de noviembre de 2015 (18:08 h.)
Ao entrar na casa, acharon con vida á súa muller, que padece alzhéimer, no cuarto de baño
Os bombeiros de Ferrol acharon este venres falecido a un home na súa vivenda e con vida á súa muller, que padece a enfermidade de alzhéimer, no interior do cuarto de baño.
Segundo informaron fontes municipais, os bombeiros recibiron unha chamada ás 11.35 horas da Policía Local para acceder a unha vivenda na rúa Cabanas. Ao entrar na casa, na que residía un matrimonio de idade avanzada, atoparon ao home falecido no chan e á muller no cuarto de baño. Do sucedido foi informada a autoridade xudicial para que proceda á investigación pertinente.