Morre un home de 53 anos ao envorcar unha formigoneira na Pontenova
22 de octubre de 2018 (20:11 h.)
O sinistro rexistrouse ao redor das 16.15 horas
[AVANCE] Un home de 53 anos, con iniciais M.M.M., faleceu este luns pola tarde no municipio lucense da Pontenova ao envorcar a formigoneira que conducía.
O accidente rexistrouse ao redor das 16.15 horas na estrada que une A Pontenova e Lourenzá, á altura do lugar de Vilar das Pedras.
Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial, o helicóptero do 061 e o persoal da PAC de Meira, que nada puideron facer por salvar a vida do home, chofer e único ocupante do camión e quen faleceu no acto.