Morre un home tras envorcar o tractor que conducía en Coles
01 de agosto de 2018 (22:32 h.)
A muller que tamén ía no tractor ten feridas graves
Un home de 35 anos faleceu no municipio ourensán de Coles logo de quedar atrapado baixo o tractor que conducía segundo os datos da Central de Coordinación do 061.
O accidente sucedeu no lugar concreto de Pobaduras na tarde deste mércores. A muller que o acompañaba sufriu feridas moi graves.
Ao lugar desprazáronse dúas ambulancias asistenciais, un helicóptero do 061 e persoal sanitario do PAC de Coles.