Morre un operario da construción atropelado por un camión de obra en Fene

Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
photo_camera Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA

Un operario da construción duns 60 anos faleceu sobre as 11,15 horas deste luns atropelado por un dumper de obra cando se participaba nos traballos de construción do novo supermercado de Mercadona, no polígono industrial de Vilar do Colo, en Fene (A Coruña). 

Os servizos de emerxencia desprazados á zona só puideron certificar o falecemento do operario. O 112 indicou que o operario faleceu atropelado por un camión para o transporte de material lixeiro no Polígono Industrial de Vilar do Colo. 

Ao lugar, indicaron fontes do operativo, acudiron efectivos de Bombeiros de Ferrol, do GES de Mugados, Garda Civil e Policía Local de Fene.