Cinco mortos en Ucraína na aterraxe forzosa dun avión procedente de Vigo
Cinco persoas morreron e tres resultaron feridas tras a aterraxe de urxencia que tivo que realizar este venres na cidade ucraína de Lviv un avión de carga Antonov AN-12 que partiu de Vigo, ao que chegara a tarde do xoves nun voo procedente de Toulouse e cuxo destino era Istambul.
A bordo da nave viaxaban oito persoas, das que sete eran membros da tripulación e outra acompañaba a carga, formada por pezas de automoción, segundo desvelou o alcalde da cidade galega, Abel Caballero.
Caballero indicou que a directora do aeroporto vigués detalloulle que estas pezas tiñan como destino unha empresa de automoción de Istambul (Turquía), onde tiña previsto dirixirse o avión sinistrado, previa parada para encher en Lviv –algo que finalmente non puido facer ao quedar sen combustible antes de poder aterrar–.
Ademais, o rexedor vigués informou de que a firma que realizou a carga foi Lear Corporation, con sede no Porriño.
Un portavoz de Exteriores sinalou que esta é, polo momento, a información preliminar que procede de fontes oficiais. No entanto, a Embaixada de España en Kiev está en contacto coas autoridades locais para tratar de pescudar se hai españois afectados.
"Durante o voo chárter UKL4050, un avión An-12 #UR-CAH da compañía Ukraine Aeroalians, que realizaba o voo de Vigo (España) a Lviv con sete tripulantes e un acompañante a bordo, aterrou de urxencia sobre o terreo na aldea de Sokólniki cerca do aeródromo –a un kilometro e medio da pista–", informou o ministro ucraíno de Transportes, Vladislav Krikli.
Fontes de AENA informaron de que a aeronave de carga despegou do aeroporto galego de Vigo ás 00:14 horas deste venres. Nun primeiro momento, o ministro ucraíno había asegurado que o sinistro se saldou con tres vítimas mortais, tres feridos e dous desaparecidos pero posteriormente modificou o balance do sinistro aéreo para confirmar que hai cinco mortos, sen dar máis detalles sobre o resto de persoas.
No lugar do sinistro aéreos despregáronse efectivos dos servizos de urxencias e de rescate. A canle 112 indicou que o avión que desapareceu dos radares pouco antes de facer escala en Lviv, onde ía encher.