Un home resulta ferido na Laracha ao caerlle unha árbore encima
30 de julio de 2016 (00:30 h.)
O suceso produciuse na parroquia de Erboeda e ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado
Un home resultou ferido grave tras caerlle unha árbore encima dunha perna na parroquia de Erboeda, no municipio coruñés da Laracha.
Segundo informou o CAE-112 Galicia, o suceso ocorreu ao redor das 13.00 horas deste venres cando o home se atopaba traballando nunha leira.
Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que necesitou da axuda dunha patrulla da Garda Civil e de membros de Protección Civil para aterrar na zona.