Un motorista atópase grave tras sufrir un accidente no concello de Zas
12 de julio de 2016 (15:43 h.)
O home chocou contra un vehículo no municipio coruñés
Un motorista resultou ferido de gravidade nun accidente de tráfico ocorrido no municipio coruñés de Zas, informa a Axencia Galega de Urxencias.
Ás 12.20 horas o motorista chocou contra un coche na parroquia de Baio, nunha rotonda da estrada que une O Allo con San Fins do Castro.
O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela trasladouse para atendelo nun suceso no que colaboraron os bombeiros de Santa Comba, Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.