Un traballador resulta ferido en Oleiros tras caerse dun tellado
11 de noviembre de 2016 (15:34 h.)
O accidente laboral produciuse na rúa Areal, en Perillo
Un operario resultou ferido na mañá deste venres no municipio coruñés de Oleiros ao caer desde un tellado, informou a central que se ocupa de atender a coordinación das urxencias en Galicia.
A estrutura rompeu, tirando á vítima ao chan desde unha altura aproximada duns tres metros.
O accidente laboral produciuse na rúa Areal, en Perillo. Unha persoa particular solicitou axuda ao 112 Galicia ás 11:00 horas da mañá.
O persoal do Centro de Atención ás Urxencias alertou a Urxencias Médicas, a Protección Civil e a Policía Local.