Unha persoa resulta ferida en Carballo ao saírse da vía e chocar contra un poste de formigón

Como consecuencia do impacto, o vehículo caeu a unha leira

Unha persoa resultou ferida en Carballo, na Coruña, ao saírse o seu coche da vía tras cochar contra un poste de formigón e, debido ao impacto, caer a unha leira. Así o explicou o alertante que chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, quen só escoitaba os berros dos ocupantes do turismo solicitando unha ambulancia.

O accidente tivo lugar pasados uns minutos das 21.30 horas deste sábado na estrada que une Carballo e Portomouro, á altura da parroquia carballesa de Ardaña. Nada máis recibir a chamada do alertante, o persoal do CAE 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas, Bombeiros de Carballo, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.  

Finalmente, os efectivos do parque comarcal confirmaron que non tiveron que non tiveron que proceder á excarceración